Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece a montaña invernal (Trevinca) 30-31 Xaneiro /Aprazada-Realizada 6-7 Marzo

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 30 Xaneiro
Finaliza: 31 Xaneiro
Categorías: ,

Coñece a montaña invernal (Trevinca) 30-31 Xaneiro Información actividade: practicar as técnicas de autodetención e progresión básicas na montaña invernal. Ascensión a Peña Trevinca se as condicións son óptimas. Dende o collado de “Fonte da Cova”. Se hai interese pódese vivaquear. Requisitos: obrigatoria asistencia para poder participar nas actividades invernais/alpinas propostas polo Club ó longo…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Luns 25 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Coñece a montaña invernal (Trevinca) 30-31 Xaneiro

Información actividade: practicar as técnicas de autodetención e progresión básicas na montaña invernal.

Ascensión a Peña Trevinca se as condicións son óptimas.
Dende o collado de “Fonte da Cova”.
Se hai interese pódese vivaquear.
Requisitos: obrigatoria asistencia para poder participar nas actividades invernais/alpinas propostas polo Club ó longo do ano en curso, salvo que xa se dominen as técnicas de autodetención e progresión na montaña invernal, ainda que recoméndase para todo o mundo a modo de recordatorio e posta en práctica.

Máximo de 6 persoas. (más guía benévolo).respectarase a orde de inscrición

Material necesario:
Sábado: piolet e  crampóns,roupa de abrigo;
para vivaquear: tenda, esterilla, saco, fornelo,víveres, auga
Domingo: piolet , crampóns, arnés, descendedor, cordino para rapel e mosquetón de seguro.
Indicar na inscrición se vas uns ou os dous días

DATA:
Sábado 30-31 de xaneiro  de 2021

Data límite para a inscripción
Luns 25 de xaneiro as 21h

Información útil
●Saída do pavillón dos remedios de Ourense o sábado 30 de xaneiro as 7:30h
ou as 10:30h en Fonte da Cova
●Desplazamento en vehículos particulares.

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas

*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.

O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Responsable: 
Manu

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón