21 – 22 de outubro: Actividade de espeleoloxía na covas de Silverto e Cornatel Cavidade de fácil acceso, cómoda e doada tanto para adultos coma rapaces que teñan interés en adentrarse na nosa nai Gea, para ter una experiencia única, onde se podrían ver morcegos, e diversas formacións que durante milleiros de anos a auga…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 18 de Outubro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
21 – 22 de outubro: Actividade de espeleoloxía na covas de Silverto e Cornatel
Cavidade de fácil acceso, cómoda e doada tanto para adultos coma rapaces que teñan
interés en adentrarse na nosa nai Gea, para ter una experiencia única, onde se podrían
ver morcegos, e diversas formacións que durante milleiros de anos a auga labrou dentro da terra.
Inscripción
Data límite para a inscripción:
∙Mércores 18 de outubro mediante formulario web
Debido a que é preciso solicitar un permiso e imprescindible indicar nome, DNI, e tipo
de licenza.
Importante: O inscribirse solicitase informar de se estás disposto/a a levar
vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material e que noites
precisas aloxamento.
Información útil
Comezo (lugar, hora…): Ás 10:00 nas escaleiras do edificio politécnico do campus.
Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.
Material recomendado: funda ou mono exterior, botas, luvas, casco con iluminación
eléctrica e baterías de reposto, manta térmica, roupa térmica interior. Saco de durmir,
esterilla, material de aseo persoal para o refuxio. E comida e auga para todo o fin de
semana.
Pernocta: no refuxio da FGE de Cobas. Localización: Cobas-Rubiá de Valdeorras-
Ourense, 42.475363 – 6.830989. É gratuito para os federados na FGE, e cun custe de 6 euros/noite para os non federados na FGE.
É imprescindible licenza federativa que cubra a espeleoloxía.
Condicións dos participantes: non se requiren coñecementos técnicos de progresión
en cavidades, posto que se trata dunha cavidade sen dificultades.
A aproximación á cavidade tampouco presenta dificultade, de aproximadamente 150
metros dende os vehiculos.
Pola tarde poderase usar os equipos de progresión vertical dos que dispón o clube para facer prácticas nas proximidades do refuxio.
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@