Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Xuntanza escalada clásica en Peñas del Prado (28-29 de outubro 2023)-Aprazada pola choiva

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 28 Outubro
Finaliza: 29 Outubro
Categoría:

Actividade que pretende abrilo terreo de xogo dando a coñecer un deses vales con feitizo, Arbás. …

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 25 de Outubro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Descripción actividade

Actividade que pretende abrilo terreo de xogo dando a coñecer un deses vales con feitizo, Arbás. Peñas del Prado atópase neste val, e a súa historia roquera está moi
ligada ás escaladoras galegas que nos anos 90 adicáronse dun xeito moi prolífico a
apertura dunha grande cantidade de liñas. Para moitos de nós foi un grande punto de
encontro que permitíanos explorar a nosa pericia e habilidade co cacharreo de material.

 

Data límite para a inscripción

25 de outubro 2023

Información útil

  • Comezo (lugar, hora…):
    • Cubillas de Arbás
  • Transporte:
    • Organizaranse os coches o venres día 6 en Ourense. Saída ás 16:00h ou 17:00h dende o pabellón dos Remedios.
  • Material recomendado:
    • Material técnico: casco, arnés, descensor (tipo Reverso ou ATC),
      cordino para nós bloqueantes, cintas e cordinos reunión,
      mosquetóns de seguro, cabo de ancoraxe.
    • Material por cordada: 2 cordas dobles ou 1 simple de triple
      homologación, friends (xogo completo ata o número C3 de camalot),
      entaladores, 10-12 cintas extensibles e expreses.
      (Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso)
    • Material xeral recomendado: botas ou zapatillas de trekking,
      prendas de abrigo, protección solar, mochila de escalada,
      cantimplora ou bolsa tipo camel, barritas ou comida de ataque,
      frontal, botiquín.
  • Pernocta:  (reserva por conta dos participantes)
  • Actividades propostas:Según o nivel das cordadas. Propóñense unha serie de liñas que en función do perfil dos inscritos poderanse axustar. Ligazóns con descripción das rutas suxeridas

 

Requisitos para participar:

Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Ter feito algún “coñece a escalada” e participar nas actividades de “Compromiso Alpino”, saber encordarse e rapelar, escalar de segundo de corda mínimo 6a ou de primeiro de corda V.

Prezo:

  • Gratuíta.

Bibliografía:

Miguel Ángel Adrados. 2005. Cordillera Cantábrica. Escaladas selectas en roca. 2ª
edición.

Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Coordinador: Manuel Veiga
Contacto: [email protected]
Sección: Montaña/Escalada.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón