Hosting por dinahosting.
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Curso de primeiros auxilios no medio natural

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 17 Febreiro
Categoría:

Curso orientado a todos aqueles sendeiristas, montañeiros, escaladores, alpinistas, esquiadores, barranquistas e demais afeccionados, onde sufrir un accidente é intrínseco á práctica dos mesmos.

Saber identificar, valorar e actuar ante accidentes e situacións que comprometen a vida e dotar a os participantes dos recursos precisos para afrontar estas situacións son o obxetivo do curso.

Contido

  • Fundamentos dos primeiros auxilios
  • Signos de vida
  • Hemorraxias
  • Lesións en partes duras e brandas
  • Traumas
  • Accidentes (hipotermias, crisis de ansiedade, insolacións,..)
  • Vendaxes
  • Posición lateral de seguridade

O curso estará orientado ós deportes no medio natural, usando os medios dos que dispoñemos, facendo uso dun botiquín básico, inmovilizacións de fortuna….

Estará impartido por Técnicos en emerxencias sanitarias.

Horario

A duración do curso é de 4 horas  con parte teórica e parte práctica.

Lugar

Esta actividade realizarase no local do Club Alpino Ourensán na R/Bedoya, 9, Ourense

Prezo

Este curso ten prazas limitadas, o seu custe é de 40€ por participante. Inscripcións ata o 31 de xaneiro.
Inscríbete en [email protected]

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón