Como ven sendo habitual, despedimos o ano no local do club cun brindis para celebrar o ano 2016 e a chegada do 2017. Quedas convidado este venres 23 ás 20:00 horas no local para celebrar esta tradicional despedida. Ademais tamén proxectaremos un pequeno video-resumo da actividad deste ano nos Pirineos. Despois desta festa o club…
Como ven sendo habitual, despedimos o ano no local do club cun brindis para celebrar o ano 2016 e a chegada do 2017.
Quedas convidado este venres 23 ás 20:00 horas no local para celebrar esta tradicional despedida.
Ademais tamén proxectaremos un pequeno video-resumo da actividad deste ano nos Pirineos.
Despois desta festa o club permanecerá pechado ata o mércores 11 de xaneiro de 2017, no que retomaremos as actividades de xeito habitual.
Feliz Ano Novo!
Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).
Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.
Normas de participación nas actividades
O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.