Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Xincana do nadal

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 19 Decembro
Categoría:

Unha nova edición da xincana de Nadal, en colaboración co Consello Municipal de Deportes de Ourense, nas instalacións do rocódromo no Pavillón dos Remedios. O luns 19 ás 21:30 hora,nas citadas instalacións do rocódromo terá lugar a edición da Xincana Club Alpino Ourensán deste ano. Unha mistura de deporte e divertimento en probas nas que…


CAM_Compe_2013_jpg-2109Unha nova edición da xincana de Nadal, en colaboración co Consello Municipal de Deportes de Ourense, nas instalacións do rocódromo no Pavillón dos Remedios. O luns 19 ás 21:30 hora,nas citadas instalacións do rocódromo terá lugar a edición da Xincana Club Alpino Ourensán deste ano. Unha mistura de deporte e divertimento en probas nas que demostrar esas artes, que para escalar non valen, pero…

Pásate polo rocódromo e participa, non todos os días unha proba de tal calidade e con tanto nome é de participación gratuita.

Iso si, se te pasas, tes que traer unha tarta, un biscoito…, uns bombóns!!!, ao teu mozo… ou unha croquenbouche, pero sobre todo, é preciso levar invitación(gorro de Papa Noel), xa que é o que da os superpoderes precisos para completar esta tarde no rocódromo.

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón