FURNAS E CALAS DA COSTA DA VELA: 11 setembro 2022 Aproveitando unha das maiores baixamares do ano exploraremos furnas e calas ignotas da costa da vela (Cangas), pasando logo polas praias e Melide e Barra, e posible ascensión de tarde aos fachos de Hío e Donón. Información útil Comezo (lugar, hora…): Parking da caracola en…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 07 de Setembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
FURNAS E CALAS DA COSTA DA VELA: 11 setembro 2022
Aproveitando unha das maiores baixamares do ano exploraremos furnas e calas ignotas da costa da vela (Cangas), pasando logo polas praias e Melide e Barra, e posible ascensión de tarde aos fachos de Hío e Donón.
Información útil
Comezo (lugar, hora…): Parking da caracola en Donón (Cangas), ás 09:30 horas do domingo 11 de setembro de 2022
Transporte: Coches particulares.
Material recomendado: Pantalón desmontable (sendeiros de aproximación con algo de toxo/silvas). Casco e linterna (para quen pretenda entrar nas furnas). Calzado con boa adherencia. Toalla. Auga e comida para pasalo día.
Dificultade moderada. Distancia aprox. 9 km (sen subida aos fachos); ou 13 km (subindo aos fachos). Desnivel positivo aprox. 200 m (sen subida aos fachos); ou 500 m (subindo aos fachos). Inclúe algunha pequena trepada sen dificultade técnica. Tamén algún paso húmido, coa mar polos xeonllos ou cintura.
Descripción da ruta
Inicio ás 09:40 horas no parking Caracola de Donón (Cangas). Descenso por sendeiro pescadores (con algo de toxo) aos cantís da costa da vela. Percorrido pola barra de area emerxida nesta extraordinaria baixamar. Exploración de varias furnas salientables.
Tentaremos percorrer todo o tramo sur da costa da vela pola area e rochas circundantes.
Descanso e baño na cala “santuario das robalizas”. Percorrido costeiro polos faros de cabo home, pasando pola praia de Melide. Xantar e descanso na praia de Barra. Na tarde (optativo), ascensión ao Facho de Hío (240 m) e cresteo ata o Facho de Donón (184 m). Fin da actividade no solpor na tasca do parking da Caracola.
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
Coordinador: Paco