Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Pirineos 2016 – Macizo de Besiberri 1-7 agosto

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 1 Agosto
Finaliza: 7 Agosto
Categorías: , ,

Xa estamos coa actividade de pirineos na cabeza .Para este verán acólleranos o Macizo de Besiberri para realizar a xa clásica actividade de Pirineos. O Macizo de Bessiberri atópase na comarca da Alta Ribagorza, na provincia de Lérida e preto dos límites do Parc Nacional d’Aigüestortes i estany de Sant Maurici. Está formado por catro…


800px-Beciberri

Xa estamos coa actividade de pirineos na cabeza .Para este verán acólleranos o Macizo de Besiberri para realizar a xa clásica actividade de Pirineos.

O Macizo de Bessiberri atópase na comarca da Alta Ribagorza, na provincia de Lérida e preto dos límites do Parc Nacional d’Aigüestortes i estany de Sant Maurici. Está formado por catro picos principais: O Besiberri Norte (3.008 m.), o Besiberri medio (3.003 metros), o Besiberri  sur (3.024 metros) e o Comaloforno (3.029 metros).

O camping que nos propoñemos e o Camping Taüll, en Boí, Lleida. www.campingtaull.com/es/

Este ano a actividade será do 1 ó 7 de agosto. Se estas interesado xa te podes apuntar, ata o 15 de Xullo no correo [email protected]

Realizarase unha charla informativa sobre a actividade de Pirineos o mércores 6 de xullo no local do club.

As actividades propostas son

Infantís

En Pirineos tamén haberá varias actividades pensadas para rapaces, para que estes desfruten da natureza e das actividades ó aire libre.

-Circuito corto al circo de Colomers

– Ruta de los pueblos del medio Aran
– Lagos de Bacier y del Rosari
– Santuario de Montgarri
– Un día o adicaremos a ir a unha escola deportiva e que fagan unha actividade distinta o pateo habitual.

Sendeirismo

Actualmente non hai grupo de sendeirismo para participar en Pirineos, debido a falta de xente interesada. Este ano faránse tres actividades de sendeirismo e propondránse outras tres para que os interesados poidan facer pola súa conta, indicando toda a información, tracks, mapas, etc.

Día 1 de agosto

Actividade conxunta coa sección de montaña dende Estany de Cavallers (Caldes de Boi) ata o Estany de Tumeneia de Dalt/Collado de Pa de Sucre.

Día 2 e 3 de agosto

Actividade Libre / Vivac no Estanyet de Riumalo ou Malavesina e actividade polo mesmo val.

Día 4 de agosto

Descanso

Día 5 de agosto

Gr-11 dende o Embalse de Senet.

Día 6 de agosto

Actividade Libre

 

Montaña

Día 1 de agosto

Ascensión a Pa de Sucre y Punta Harlé 2863 y 2893 respesctivamente. Ascensión desde Estany de Cavallers (Caldes de Boi) – 1790m. Hay trepadas ao final de III+ y IV. Dificultade técnica Alta.

Días 2 e 3 de agosto

Cresta dos Besiberris: Besiberri N – Mig – S  y Comaloforno 3030m. Travesía con vivac sobre arista III/III+ e rapel a media arista. Dificultade técnica Alta

Vivac posible cerca do Estanyet de Riumalo ou Malavesina.

Día 4 de agosto

Descanso

Día 5 de agosto

Ascensión Pico Russell 3.205 dende o Embalse de Senet – 1490

Larga e física no entorno do Aneto. Dificultade técnica Baixa.

Día 6 de agosto

Ascensión á Punta Alta – 3015 dende o Estany de Cavallers (Caldes de Boi) – 1790m.

Subida polo Estany Negre (norte) e descenso por Comalesvienes.Dificultade técnica Baixa.

 

Para algunhas das actividades de montaña é imprescindible saber rapelar e facer V grado en escalada.

Material técnico recomendado: Casco, arnés, descendedor, Cordino para nudo autoblocante, Dous mosquetóns de seguro (polo menos un HMS), cabo de ancoraxe.

 

Barranquismo

Día 1 de agosto

Barranco de Viu de Llevata, é un barranco situado en Pont de Suent, está preto de lugar de pernoita do cámping, nivel de dificultade fácil cuns rápeles curtos e dependendo do nivel da auga de descenso rápido aproximadamente entre 1-2 horas.

Día 2 de agosto

Barranco de Durro, igualmente situado en Pont de Suent, barranco acuático co rápeles e divertido para pasar igualmente un par de horas.

Día 3 de agosto

Barranco de L’infern, barranco situado a unha hora de camiño en coche concretamente preto da poboación de Pueblade Segur de camiño a Sort, barranco aceptable se as condicións meteorolóxicas axúdan, é un barranco acuático con rápeles consecutivos e aproximadamente dunha realización entre 3-4 horas.

Día 4 de agosto

Descanso

Días 5 e 6 de agosto

Para os días 5 e 6 está a barallarse a posibilidade de realización doutros barrancos na zona en función da progresión dos grupos formados desde o primeiro día. Así mesmo poderanse repetir algúns dos anteriores mencionados.

Imprescindible ter coñecemento das técnicas de descenso de canóns, xa que non se trata de un curso.

Material técnico recomendado: Casco, arnés, descendedor para barrancos,mosquetóns de seguro (HMS), cabo de ancoraxe, cintas expres, neopreno, calzado axeitado. O que dispoña de cordas tamén pode levalas.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón