Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Quedada de escalada en Cuevas e Pelúgano

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 27 Agosto
Finaliza: 28 Agosto
Categoría:

Quedada de escalada deportiva na escola de escalada de Cuevas (Felechosa) e Pelúgano. Para participar é imprescindible ser autosuficiente en escalada deportiva así como que cada un leve o seu propio material, e estar federado. Podes ver croquis da escola de escalada de Cuevas (Felechosa) e Pelúgano en http://www.enlavertical.com/escuelas/view/268 https://deporteslaser.wordpress.com/pelugano-asturias/ Propoñemos sair o sábado cedo…


Quedada de escalada deportiva na escola de escalada de Cuevas (Felechosa) e Pelúgano.

Para participar é imprescindible ser autosuficiente en escalada deportiva así como que cada un leve o seu propio material, e estar federado.

Podes ver croquis da escola de escalada de Cuevas (Felechosa) e Pelúgano en http://www.enlavertical.com/escuelas/view/268 https://deporteslaser.wordpress.com/pelugano-asturias/

Propoñemos sair o sábado cedo e escalar nas escolas propostas toda a fin de semana.

Aínda que pode ser unha actividade propicia para escaladores nóveles, non se trata dun curso, por tanto é necesario ter os coñecementos básicos de aseguramiento e montaxe/desmonte de vías, xa que non haberá ningún monitor nin guía pendente dos participantes. Non obstante o organizador coñece as diferentes vías e sectores, puediendo orientar aos participantes nos labores de selección de vía en función a súa dificultade e/ou equipamento. Cada cordada deberá avaliar as súas vías de acordo co seu nivel e coñecementos.

Recórdase que a escalada é un deporte de risco que require ter coñecementos das diversas técnicas e material.

Apúntate en [email protected] para xestionar o desprazamento e aloxamento.

Data límite para anotarse: 24 de agosto

Lugar: Cuevas (Felechosa) e Pelúgano

Transporte: Medios propios (vehículo particular)

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón