¡¡¡¡ Aviso !!!! As parcelas reservadas polo Club no camping xa están completas, pódeste anotar a actividade ata o día 15 de maio reservando o aloxamento pola túa conta. Pirineos 2024 (4-10 agosto) – Valle de Pineta (Camping de Bielsa) E chegou o momento!! Coa ilusión de sempre e a inestimable axuda de…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 15 de Maio podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
¡¡¡¡ Aviso !!!!
As parcelas reservadas polo Club no camping xa están completas, pódeste anotar a actividade ata o día 15 de maio reservando o aloxamento pola túa conta.
Pirineos 2024 (4-10 agosto) – Valle de Pineta (Camping de Bielsa)
O Camping para de este ano é o de Bielsa, temos reservadas 7 parcelas , se xa sabedes con quen ides compartir tenda/furgo/caravana…facede a inscrición conxunta para así saber se precisamos máis parcelas.
Os que querades outro tipo de aloxamento teredes que reservar pola vosa conta, no propio camping teñen bungalows e apartahoteles
Para formalizar a reserva na zona de acampada teredes que facer un ingreso de 25€ por inscrición ( tenda/furgo/caravana…) na conta do clube
ES03 0049 7799 50 2610012560 (Banco Santander)
Actividades:
- Alpinismo:Pineta radical tour 2024
- Montaña: Pineta montaña 2024
- Sendeirismo: Pineta sendeirismo extrem 2024
- Infantís: Pineta pitufines 2024-1
Podedes atopar mais información sobre roteiros e a zona de Bielsa no seguinte enlace:
https://www.bielsa.com/rutas-valle-de-bielsa/
Transporte:Coches particulares
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@