Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Semana Santa 2024 28-31 marzo: Montaña Oriental Leonesa

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 28 Marzo
Finaliza: 31 Marzo

A actividade de Semana Santa 2024 vai tomar como centro de operacións o Camping de Cistierna…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 20 de Marzo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Semana Santa 2024 :  28-31 marzo. Montaña Oriental Leonesa

A actividade de Semana Santa 2024 vai tomar como centro de operacións  o Camping de Cistierna

Se estades interesados nesta actividade, podedes ir reservando no cámping de Cistierna, as reservas corren por conta de cada participante.

https://www.campingcistierna.es/

Nota importante

No camping non se fan reservas pero co club se vai facer unha excepción. Para reservar debedes chamar ó 653894954.

Para a confirmación da reserva ser poderá facer un Bizum ou unha transferencia de 18€ indicando parcela Alpino e o voso nome. As reservas non se devolven, en tal caso quedaría como un vale a desfrutar sen caducidade.

Información útil

  • Comezo (lugar, hora…): Xoves 28 de Marzo
    • Montaña: ás 9 da mañá no camping de Cistierna.
    • Infantís: ás 9:30 da Mañá no camping de Cistierna.
  • Fin: domingo 31 de Marzo despois das actividades.
  • Transporte: Medios própios.
  • Material recomendado:
    • Montaña: Para as actividades de montaña casco. A xente que teña disipadora para as actividades de ferrata a pode levar. Para as actividades de escalada material propio, mosquetóns de seguro e cabo de ancoraxe. Dende o clube levaremos cordas e cintas exprés.
      Según se acheguen as datas en función da meteo se avisará no grupo si é preciso outro tipo de material.
    • Infantís: Mochila, ropa e calzado axeitado para caminar, auga e comida para pasar o día, viseira e protección solar.
  • Pernocta:O clube non se fai cargo da reserva de aloxamento que correrá por conta dos participantes.
    Podedes quedar no propio camping de Cistierna onde, cando chamedes para reservar, decide que sodes do grupo do Club Alpino Ourensán, xa que de outro modo non reservan.

  • Nota: As actividades propostas poderán ser alteradas de orden ou modificadas polas coordinadoras en función da meteoroloxía e condicións dos roteiros.

Información Técnica

Debido o volume de detalle das actividades o mellor é que descarguedes a guía cas reseñas técnicas das actividades nas seguintes ligazóns:

 

  • DÍA 28 Marzo:

    • Montaña: Pico Moro e Peña Rionda
    • Infantil:
      • Roteiro: Ocejo de la Peña – Collado Argovejo – Peña de los Llanos – Peña Blanca
      • Cueva Valdelajo: Visita guiada de aproximadamente 1 hora.
  • DÍA 29 MARZO:
    • Montaña:  Ruta das Minas
    •  Infantil:
      • Calzada Romana del Esla
      • Faiedo de Argovejo
  • DÍA 30 MARZO:
    • Montaña: Cresta Peñas Pintas – Pico Huelde, Pico do Medio e Peñas Pintas
    • Infantil:
      • Roteiro de los Miradoiros de Aquilare
      • Museo da Siderurxia da Minería de Castela e León
  • DÍA 31 MARZO:
    • Montaña: proposta de actividades
      • Crestas (escalada claśica).
      • Ferratas.
      • Escalada.
    • Infantil:
      • Senda do Mamut

Coordinadora:

  • Montaña, escalada: Nina Liceras
  • Actividades infantís: Sandra Riobó e Bea

Transporte: Coches particulares

Requisitos para participar:

  • Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Prezo:

  • Acitividade gratuíta, proposta por unhas socias.
    • Excepción:
      • Entrada Cova de Valdelajo:
        • 5€ (niños 5-12 años);
        • 10€ (mayores de 12 años)
      • Museo da Siderurxía:
        • 1€ (8 – 18 años)
        • 2€ (18 – 65 años)
  • Aloxamento por conta dos participantes.

Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón