Sendeirismo na Alberca (4-8 Decembro) Durante esta ponte de decembro realizaranse tres actividades dentro do Parque Natural de Las Batuecas – Sierra de Francia sen dificultade técnica. Mas infomación do parque en https://es.wikipedia.org/wiki/Parque_natural_de_Las_Batuecas-Sierra_de_Francia Actividade aberta á sección infantil. Os rapaces e rapazas apuntados, a primeira actividade valorarase o primeiro día in situ. A segunda actividade sería só recorrer o val das Batuecas. E a terceira si están con ganas subir a Peña de Francia. Inscripción Data límite para a inscripción: Luns 29 de novembro Información útil Comezo(lugar, hora…): O punto de quedada será todos os dias na Praza da…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Venres 03 de Decembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Sendeirismo na Alberca (4-8 Decembro)
Durante esta ponte de decembro realizaranse tres actividades dentro do Parque Natural de Las Batuecas – Sierra de Francia sen dificultade técnica.
Mas infomación do parque en https://es.wikipedia.org/wiki/Parque_natural_de_Las_Batuecas-Sierra_de_Francia
Actividade aberta á sección infantil. Os rapaces e rapazas apuntados, a primeira actividade valorarase o primeiro día in situ. A segunda actividade sería só recorrer o val das Batuecas. E a terceira si están con ganas subir a Peña de Francia.
Inscripción
Data límite para a inscripción:
- Luns 29 de novembro
Información útil
Comezo(lugar, hora…): O punto de quedada será todos os dias na Praza da Alberca.
Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.
Materialrecomendado:Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga
Pernocta: A pernocta deberá ser xestionada por conta de cada un dos participantes. Recomendamos La balsá Hostal 39 euros/noite (hab doble)
Dende la Alberca a Mogarraz e volta a La Alberca
La Alberca Mogarraz
- horario6
- desnivel de subida630 m
- desnivel de baixada630 m
- distancia horizontal20 km
- tipo de percorridoCircular
- severidade do medio natural1
- orientacion no itinerario2
- dificultade no desprazamento2
- cantidade de esforzo necesario2
A actividade partirá dende a localidade de La Alberca polo Camiño das Raices e o GR-10 para chegar ata Mogarraz pola Ruta da Auga. Dende esta localidade voltase realizando unha ruta circular a La Alberca. Trátase dunha ruta sen dificultade técnica.
Val de Las Batuecas
Nesta actividade, que todavía está por concretar por parte do organizador percorrerase o Val de Las Batuecas chegando á La Alberca.
As Batuecas é un val máxico, situado ao sur da provincia salmantina, moi preto de La Alberca. A súa orografía intrincada, rodeado dos cumios da Serra de Francia, converteuno en refuxio da fauna local e dalgúns eremitas. Incluso o propio Lope de Veiga referiuse a el como “perpetuo lugar de felicidade”.
Ascensión á Peña de Francia dende La Alberca
Ascensión á Peña de Francia
- horario5
- desnivel de subida811 m
- desnivel de baixada132m
- distancia horizontal9km
- tipo de percorridoTravesía
- severidade do medio natural2
- orientacion no itinerario2
- dificultade no desprazamento2
- cantidade de esforzo necesario2
Este día ascenderemos a Peña de Francia, dende a que poderemos ter unha visión en conxunto do Parque Natural. A ascensión, na que partiremos dende La Alberca, non presenta ningunha dificultade técnica, realizándose a mesma polo GR-10.
Adxuntar na inscrición cuberto e firmado o seguinte formulario COVID:
FORMULARIO_____DECLARACIÓN_RESPONSABLE_FGM_ORGANIZACIÓN-DEPORTISTAS (1)
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.
O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión