Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo pola Ribeira Sacra

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 15 Decembro
Categoría:

Fantástica ruta de sendeirismo pola Ribeira Sacra, din que unha das mellores de Galicia.…


Fantástica ruta de sendeirismo pola Ribeira Sacra, din que unha das mellores de Galicia.

Inscripción

Data límite para a inscripción:

  • Martes 11 de novembro mediante o correo [email protected]
  • Mércores 12 de decembro no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material e que noites precisas aloxamento.

Información útil

Comezo(lugar, hora…): Ás 09:00 no Mosteiro de Santo Estevo de Rivas de Miño. (Ollo, o do Miño, non o do Sil)

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga.

Información

Ruta Santo Estevo – Castro – Santo Estevo

  • horario7h 25′
  • desnivel de subida500m
  • desnivel de baixada500m
  • distancia horizontal25km
  • tipo de percorridoIda e Volta
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario4

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2018.

A ruta dá comezo no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Miño, unha xoia arquitectónica do románico cuxo rosetón está considerado como dos máis espectaculares deste estilo en Galicia. Avanzaremos pola ladeira este do val e máis adiante descenderemos ata o pobo de Belesar. Continuaremos camiñando entre as viñas para un pouco máis adiante adentranos en fragas a traves de antigas corredoiras. Chegaremos ata a aldea de Castro onde daremos volta para desandar o feito.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón