RUTA CIRCULAR MONTES E PRAIS DE MARÍN: PERCORRIDO POLO RÍO LOIRA, MONTE E MÁMOA DA PASTORIZA, MONTE CASTELO DE ARDÁN, PRAIAS DE LAPAMÁN A LOIRA CON APROXIMACIÓN AO ILLOTE DE SANTO DO MAR Percorrido de 19 km, cun desnivel acumulado de 790 metros en vertical de ascensión e outro tanto de descenso. Sáese de cota…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 09 de Setembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
RUTA CIRCULAR MONTES E PRAIS DE MARÍN: PERCORRIDO POLO RÍO LOIRA,
MONTE E MÁMOA DA PASTORIZA, MONTE CASTELO DE ARDÁN, PRAIAS DE
LAPAMÁN A LOIRA CON APROXIMACIÓN AO ILLOTE DE SANTO DO MAR
Percorrido de 19 km, cun desnivel acumulado de 790 metros en vertical de ascensión e
outro tanto de descenso. Sáese de cota cero e o punto máis alto da ruta é de 420 m.
Andaina de extraordinaria beleza pola península do Morrazo. Saída da praia de Loira,
seguindo o curso do río Loira ata o punto do seu nacemento. Monte e mámoa da
Pastoriza. Fragas de Pastoriza. Monte castelo e miradoiro de Ardán. Praia de Lapamán.
Dende ela percorrido costeiro ata praia de Loira, con posible incursión na illa de santo
do mar se a marea é propicia. Grado de dificultade: Medio
Data límite para a inscripción : Mércores 9 de setembro
Prazas limitadas
Información útil
Comezo (lugar, hora…):
Sábado 12 de setembro,
10:30 Horas na Praia de Loira (Marín)
Transporte: Coches particulares
Material recomendado:
Pantalón largo para a zona monte ,equipo baño para fase de praias.Comida e auga para pasolo día.Calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda e de abrigo
Prezo: A actividade de sendeirismo é gratuíta.
Requisitos para participar: Ser socio/socia do Club Alpino Ourensán e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade.
Prazas limitadas
*AVISO IMPORTANTE: . *Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.
Agradecemos a vosa comprensión