Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo e Encontro Burla Verde: Sabucedo 29 de abril

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 29 Abril
Categoría:

  Ruta sinxela e circular proposta coa idea de unirnos tralo pateo ó acto da Burla Verde (adxuntamos info do evento festivo reinvindicativo pola defensa da terra e da vida. Info sobre a transición enerxética, eólicas e minerías)   DESCRIPCIÓN RUTA Ruta Codeseda Sabucedo, bucle 1, PRG 197:  17 km, 275 m desnivel, pistas-camiños-beiras do…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 26 de Abril podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

 

Ruta sinxela e circular proposta coa idea de unirnos tralo pateo ó acto da Burla Verde (adxuntamos info do evento festivo reinvindicativo pola defensa da terra e da vida. Info sobre a transición enerxética, eólicas e minerías)

 

DESCRIPCIÓN RUTA

Ruta Codeseda Sabucedo, bucle 1, PRG 197:

 17 km, 275 m desnivel, pistas-camiños-beiras do río (Umia), circular, parte 1 da ruta total (que son 30 km).

Encontro Burla Verde – Curro Cabaré

Grande encontro festivo e reivindicativo pola defensa do territorio e da vida. O 29 de Abril en Sabucedo (A Estrada)

O curro das bestas de Sabucedo convertirase neste encontro de Burla Verde nun escenario onde 22 artistas galegos: cantantes, poetas e artistas de circo vannos deleitar coa súa arte, cancións e verbas co obxetivo de ???????? ? ??????? ?? ???????? ? ???? ????? da depredación enerxética.

 

 

???????? ????? ???????? participando neste Curro Cabaré o sábado 29 de abril ás 21h comprando a túa entrada anticipada de 10€ en algúns dos puntos de venta en Galicia. Tes ata o sábado 22 de abril. O aforo é limitado.
Mais info evento Burla Verde:

DATAS

  • Anotarse: 26 abril
  • Na info do evento da Burla podedes ver onde adquirir as entradas (antes do 22 abril)  para o evento cabaré das 21h (o resto é aberto)

ALOXAMENTO

Si se vai ós actos da tarde da Burla verde teñen habilitada unha zoa de acampada e haberá postos de comida

TRANSPORTE

Vehículos particulares

REQUISITOS PARA PARTICIPAR

Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

PREZO

Actividade de balde. As entradas o evento de Burla Verde custan 10€, e poderedes mercalas no listado que figura a continuación.

 

 

Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón