Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Quedada de escalada deportiva na escola de Hoces free (22-23 abril) -León

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 22 Abril
Finaliza: 23 Abril
Categoría:

Preténdese dar a coñecer esta escola de escalada leonesa, a todos aqueles que non a coñezades e seguir aumentando a motivación pola escalada en rocha, disfrutando de novos lugares e vías de calidade.…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 19 de Abril podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Quedada de escalada deportiva na escola de Hoces free

Nome da actividade: Quedada de escalada deportiva na escola de Hoces free.

Lugar onde se realiza: Vegacervera (León)

Data: 22 e 23 de abril de 2023.

Descripción:
Preténdese dar a coñecer esta escola de escalada leonesa, a todos aqueles que non a coñezades e seguir aumentando a motivación pola escalada en rocha, disfrutando de novos lugares e vías de calidade.
Poderedes aproveitar a presencia de xente do clube coñecedora destas paredes que vos poderá suxerir e montar algunha vía. Para os máis intrépid@s tamén tedes as paredes das Hoces de Vegacervera onde facer algunha vía de cacharros.

Información técnica:

Material recomendado: As participantes deben contar con calzado axeitado (pes de gato), roupa de abrigo e o material de escalada propio en caso de telo: arnés, casco, cintas express, sistema de freo, corda.(no club están disponibles cascos e arneses , indicar na inscrición se precisades)
Orientación: Sectores de orientación sureste, sol pola mañá ata as 16:00h.
Rocha: Caliza gris e con formacións, de gran variedade de rutas e de graos.
Tipo de escalada: Perecorridos técnicos de resistencia, mézclanse con placas tumbadas.
Croquis: https://www.arcoguia.com/hoces-free-croquis-actualizados-de-escalada-2020/
Publicacións: (Boza, Alberto. 2014) Escalada deportiva en la Cordillera Cantábrica.

Información práctica:
Comida e auga para o día de escalada: froita, barritas enerxéticas, doces, algún pincho lixeiro por exemplo e auga.

Pernocta: En Vegacervera existe un camping que probablemte atoparase pechado, tamen hai aloxamento con bungalows . Pódese durmir en furgo xusto na entrada as Hoces. (a xestión da pernocta corre por conta dos participantes)

Requisitos mínimos para participar: ter realizado algún curso de iniciación á escalada ou algún “coñece a escalada” e por tanto saber asegurar e encordarse.

N.º de participantes: en función do material dispoñible no clube e das prazas nos vehículos.

Data límite de inscripción: 19 de abril de 2023

Medios de transporte: Desprazamento en vehículos particulares (3h32min).

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade


Prezo:A actividade é gratuíta.

Coordinador: Manuel Veiga
Contacto: [email protected]
Sección: Escalada.

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón