Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo: Sistelo o pequeno Tíbet portugués 27 abril- Aprazada

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 27 Abril
Categoría:

Sendeirismo: Sistelo o pequeno Tíbet portugués Arcos de Valdevez merece unha visita demorada en calquera  época do ano, situado como está no Vale do Vez e na  emblemática contorna do Parque Peneda Gerês, declarado pola  Unesco Reserva Mundial da Biosfera. Unha das súas parroquias  é Sistelo, que pode presumir de galardóns. Ademais de ser unha  das 7 Maravilhas de Portugal na categoría de “Aldeias Rurais“,  está catalogada Monumento e Sitio de Interese Nacional.  Denominada “O pequeno Tíbet” pola súa similitude coa paisaxe  deste país asiático, ten nos socalcos —bancales— de cultivo que  descenden polas ladeiras da montaña unha dos seus acenos de  identidade.  Ruta:  O Pequeno Tíbet Portugués-Val do Vez-Aldea de Sistelo (Portugal)  Distancia 15Km Desnivel : 810m  https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/o-pequeno-tibet-portugues-val-do-vez-aldea-de- sistelo-portugal-74059770 Comenzo (Lugae e hora) :8:30h Pavillón dos Remedios (Ourense) Material recomendado: calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda algo de abrigo e…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 24 de Abril podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

  • Sendeirismo: Sistelo o pequeno Tíbet portugués

Arcos de Valdevez merece unha visita demorada en calquera 
época do ano, situado como está no Vale do Vez e na 
emblemática contorna do Parque Peneda Gerês, declarado pola 
Unesco Reserva Mundial da Biosfera. Unha das súas parroquias 
é Sistelo, que pode presumir de galardóns. Ademais de ser unha 
das 7 Maravilhas de Portugal na categoría de Aldeias Rurais“, 
está catalogada Monumento e Sitio de Interese Nacional. 
Denominada “O pequeno Tíbet” pola súa similitude coa paisaxe 
deste país asiático, ten nos socalcos —bancales— de cultivo que 
descenden polas ladeiras da montaña unha dos seus acenos de 
identidade. 

Ruta: 

O Pequeno Tíbet Portugués-Val do Vez-Aldea de Sistelo (Portugal)

 Distancia 15Km
Desnivel : 810m

Comenzo (Lugae e hora) :8:30h Pavillón dos Remedios (Ourense)

Material recomendado:
calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda algo de abrigo e para a choiva (en función do tempo) ,gorrra, crema solar,  auga e comida para pasar o día.

Transporte:Coches particulares

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade


Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Coordinador: Carlos VG

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón