Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Transcantábrica Alpina

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 30 Maio
Finaliza: 31 Maio
Categoría:

Transcantábrica. A travesía do norte. Unha actividade para coñecer a Cordilleira Cantábrica, dende Ancares ata Fuentes Carrionas, recorrendo todos os macizos que separan o Principado de Asturias da Comunidade de Castilla y León e realizada por etapas, subindo os picos mais importantes de cada zona. A Cordilleira Cantábrica é a máis occidental de Europa cunha…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 29 de Abril podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Transcantábrica
Transcantábrica. A travesía do norte.

Unha actividade para coñecer a Cordilleira Cantábrica, dende Ancares ata Fuentes Carrionas, recorrendo todos os macizos que separan o Principado de Asturias da Comunidade de Castilla y León e realizada por etapas, subindo os picos mais importantes de cada zona.

A Cordilleira Cantábrica é a máis occidental de Europa cunha lonxitude de preto de 480 km (sentido leste-oeste) e unha media de 100 km de ancho (norte-sur), que nalgunhas seccións engrosa ata acadar os 120 km mentres que noutros puntos é de tan só 65 km.

Macizos Cordilleira Cantábrica
Para o fin de semana do 30 e 31 de Maio, sairemos dende o Puerto de Valdeprado, lugar onde rematamos a primeira etapa e intentaremos chegar ata o Puerto de Somiedo, será unha longa etapa con vivac polo medio, pero con posibilidade de acortala en Lumajo se se nos fai demasiado longa. Tamén cruzaremos Villablino o domingo para comezar a tocar a zona de Somiedo.
A dístancia a recorrer nesta etapa é de preto de 40 kilómetros entre o sábado e o domingo e sobre 2000 metros de desnivel os dous días, polo que a súa esixencia física é elevada sen embargo non opón case ningunha dificultade técnica. Se optamos por acortala, e acabar no Puerto de Valdepredo, serían uns 5-10 kilómetros menos.

Para durmir, gozaremos dun fantástico vivac onde nos pille a noite, para repoñer forzas e continuar o seguinte día coa nosa travesía de recorrer a Cordilleira Cantábrica a pé.

 

Material: Material de vivac, comida, auga, roupa axeitada, bastóns, etc.

 

Plazas limitadas a 20 participantes. Apúntate canto antes.

A saída será o sábado ás 06:00 da mañá de Ourense en coches particulares (quedamos aquí ), ainda que o que o desexe pode sair o venres, caso no que quedaríamos no Puerto de Valdeprado ás 08:45 o sábado.

O prezo da actividade (bus para que nos transporte do final ós coches) é de uns 12€ apróximadamente (variará en función dos participantes).

 

Apuntarse antes do mércores 27 de Maio as 20:00.

Calquera dúbida no correo do club ou no local.

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón