Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Pirineos 2015 Val de Tena 1-9 agosto

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 1 Agosto
Finaliza: 9 Agosto

Último día para apuntarse a actividade o xoves 16 de xullo.     Despois da votación realizada, o val da actividade de Pirineos deste ano será o Val de Tena, este atópase na vertente española dos Pireneos, dentro da provincia de Huesca, na bisbarra do Alto Gállego, sendo percorrido polo río Gállego de norte a…


800px-Bovins_estive_Pic_du_Midi_Ossau

Último día para apuntarse a actividade o xoves 16 de xullo.

 

 

Valle_de_Tena1Despois da votación realizada, o val da actividade de Pirineos deste ano será o Val de Tena, este atópase na vertente española dos Pireneos, dentro da provincia de Huesca, na bisbarra do Alto Gállego, sendo percorrido polo río Gállego de norte a sur.

É fronteirizo co val francés de Ossau, co que se comunica a través do paso do Portalet d’Aneu. O límite meridional encóntrase na Foz de Santa Elena, que o separa da Terra de Biescas, lindando a oriente e occidente cos vales de Broto e do río Aragón respectivamente. A súa capitalidade osténtaa a vila de Sallent de Gállego.

É un dos vales máis extensos do Pirineo. Ten unha superficie duns 400 quilómetros cadrados e, altitudinalmente, vai dende os 600 metros de altitude na súa parte máis baixa ata superar os 3.000 en moitos dos seus cumes (Balaitus, Gran Facha, Argualas ou os Picos del Infierno). Conta ademais con dous grandes encoros, o de Lanuza e o de Búbal.

Reunión informativa o xoves 16 de xullo ás 20:00 no local do club para resolver todas as dúbidas referentes a esta actividade.

Apúntate xa en [email protected], indicando o día que saes e se levas vehículo (para intentar organizar este aspecto).

Para participar nesta actividade é imprescindible estar federado, polo que tramita no club canto antes a túa licenza.

Cámping

O cámping será o Cámping Escarra (www.campingescarra.com), situado na vila de Escarrilla.

Todos aqueles que en lugar de en tendas desexen pernoctar en bungalow deberán avisar deste aspecto no momento de apuntarse e xestionalo eles mesmos.

camping-escarra2

Datas

As datas propostas para a actividade son do 1 ao 9 de agosto. Sair de Ourense o sábado 1 e voltar o domingo 9, facendo actividade os sete días restantes.

 

Actividades propostas

As actividades poderán variar en función da climatoloxía, forzas, ánimo, etc.

 

Barranquismo

Como novidade, este ano tamén propoñemos actividades de descenso de canóns. Para poder participar nestas actividades e descender estes complexos percorridos, é necesaria unha sólida experiencia no descenso de barrancos. As actividades son de longa duración e demandan unha boa condición física, xa que a súa dificultade técnica é elevada, e unha boa técnica no control e manexo de cordas e material específico. Nestes canóns atoparemos destrepes, tobogáns, saltos e rapeles técnicos.

Os barrancos propostos ainda están por decidir.

 

 

Sendeirismo

Dentro das actividades de sendeirismo propoñemos:

  • Ruta polos Ibones de Anayet.Formigal-Anayet
  • Subida ata os Ibones de RespomusoSallent-Respomuso
  • Ruta polo entorno do Midi d’Ossau
  • Ruta polo val dos Baños de Panticosa
  • Lacs d’Arremoulitarremoulit_4

As actividades poderán sufrir cambios.

 

 

Montaña

Nas actividades de montaña, propoñemos unha con vivac e o resto actividades de un só día.

  • Ascensión ao Balaitous pola Brecha Latour e descenso polos Picos de la Fondella (actividade con vivac).
  • Ascensión ó Midi d’Ossau.
  • Ascensión o Vértice e Pico de Anayet.
  • Ascensión os Picos del Infierno.

Para participar nas actividades de montaña é preciso saber rapelar (imprescindible), así como non ter problemas nas alturas, xa que moitas das actividades incluen trepadas. Ademais é preciso levar arnés, casco, cabo de ancoraxe, cordino para machard, dous mosquetóns de seguro e un descendedor.

 

Todo aquel que precise algún tipo de material (tendas de campaña, arnés, etc) pode solicitalo no club.

Calquera dúbida podes resolvela en [email protected]

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón