Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Travesía de alta montaña en Trevinca

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 19 Febreiro
Categorías: ,

Travesía del Alta montaña invernal no Macizo de Peña Treivinca, organizada pola sección de Veteranos. Ascensión dende a Encrucillada da Cabrita (1.600m) a Pena Surbia (2.118m) e ó cumio da cota 2.002m de regreso polo neveiro da beira do lago da baña Ás dificultades técnicas desenvólvense en percorridos e en pendentes que non superan os…


Travesía del Alta montaña invernal no Macizo de Peña Treivinca, organizada pola sección de Veteranos.
Ascensión dende a Encrucillada da Cabrita (1.600m) a Pena Surbia (2.118m) e ó cumio da cota 2.002m de regreso polo neveiro da beira do lago da baña

Ás dificultades técnicas desenvólvense en percorridos e en pendentes que non superan os 50º. Non existen rápeles nin pasos de escalada.

Macizo de Trevinca

  • horario7h
  • desnivel de subida800 m
  • desnivel de baixada800 m
  • distancia horizontal12 km
  • tipo de percorridoIda e volta
  • severidade do medio natural3
  • orientacion no itinerario4
  • dificultade no desprazamento3
  • cantidade de esforzo necesario4
  • pendente de neve50

Condicions en Inverno, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2017.

 

Lugar e hora de quedada: Ás 08:15 nas escaleiras do edificio politécnico do campus das Lagoas.
Requisitos para participar: Ao haber neve na actividade é preciso ter coñecementos de progresión e autodetención con crampons e piolet. Así como estar federado.

Material obrigatorio: Botas e roupa axeitada, casco, arnés, cabo de ancoraxe, piolet, crampons e todo o material axeitado para as actividades invernais.

Apúntate en [email protected]

Data límite para anotarse: mércores 15

Transporte: Medios propios (vehículo particular)
Recomendable levar cadeas no coche

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón