Hosting por Logo dinahosting
1 Febreiro, 2016

1ª Proba da copa de escalada en bloque "APLAZADA"

COMUNICADO DO CLUB ALPINO OURENSÁN ACERCA DA CANCELACIÓN/ APRAZAMENTO DA 1ª PROBA DA COPA GALEGA DE ESCALADA.

Ourense 18/02/2016

Este Sábado 20 de Febreiro íase celebrar a 1ª Proba da Copa Galega de Escalada en Bloque 2016 da Federación Galega de Montaña e como colaborador o Club Alpino Ourensán, sen embargo como así volo comunicamos o evento tívose que cancelar/pospoñer.

IMAGEN

Dende O Club Alpino Ourensán, sentímolo moito polos participantes, polos 5 inscritos que había ata o día da cancelación e animamos os participantes a seguir confiando no evento xa que entendemos que é importante a visualización da escalada como deporte de competición.

Por respeto a todos, en especial os participantes, facemos este comunicado, que fixose de rogar xa que en ningún momento queremos causar polémica con él.

Inicialmente o Club Alpino Ourensán comprometeuse a colaborar coa Federación Galega de Montaña exercendo de intermediario co Concello de Ourense. A nosa tarefa inicial era xestionar a localización, buscar un espazo, e tramitar permisos, consensuando a data e emprezamento coa Federación e o Concello: o 20 de Febreiro na Praza Maior. O club tamén achegaría voluntarios ao evento. E coa ilusión de ser os vosos anfitrións, fixemos os deseños das camisetas e carteis.

Unha vez asumida a colaboración nesas condicións e solicitados os permisos, se nos encomendou máis tarefas de organización: avituallamento, camisetas, procura de patrocinadores, equipo de sonido, procura de colchonetas axeitadas para escalada en bloque en préstamo ou alugamento, xestión de inscricións e xestionar a instalación, a desmontaxe e o alugamento durante 3 días dos andamios para os paneis da estrutura, polo que tivemos que pedir orzamentos a distintas empresas de construción.

O Club faríase cargo do custo das camisetas e avituallamento cubríndose estes gastos coas inscricións, mentres que o custo de alugamento dos andamios corría a cargo da Federación.

Todas estas tarefas foron realizadas con éxito, excepto o préstamo de colchonetas, que resultou especialmente complicado e que a día da cancelación aínda non estaban confirmadas.

Por último e ante o custo considerable do alugamento dos andamios durante os 3 días que tiña que estar a estructura, e a falta dun sitio cuberto acorde coas esixencias da Federación, (como alternativa se houbera mal tempo, pese a que as prediccións eran boas), decidiuse o aprazamento do evento ata a súa viabilidade, lamentando os trastornos causados.

A Xunta Directiva.

45 Anos. Club Alpino Ourensán

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón