Hosting por Logo dinahosting
23 Outubro, 2007

A Torre da Palanca

Mochilas cargadas a tope para invadir o refuxio de Collado Jermoso. O tempo acompañou e disfrutamos de dous días soleados con unha visibilidade perfecta.
Desde o refuxio atacamos a brecha que separa as torres Delgado Úbeda e Diego Mella para coronar esta última despois de unha pequena trepada na que todo o mundo anduvo fino para non tirar pedras ós que viñan detrás. Logo un agradable paseo pola cresta levounos ata a Torre da Palanca desde donde poidemos divisar todo o Macizo Central, unha boa parte do occidental e na distancia o Mampodre, o Espigüete e ata Ubiña. Ó norte o Cantábrico. Ogallá poideramos disfrutar máis tempo desta impresionante visión mais aínda quedaba regresar a Cordiñanes. O descenso fixemolo dando un pequeno rodeo para visitar ese remanso de paz que é a Vega de Liordes.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón