Hosting por Logo dinahosting
7 Febreiro, 2022

Asamblea anual Club Alpino Ourensán 23 de febreiro

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria

Estimados/as Socios/as:

O Club Alpino Ourensán, de acordo cos vixentes estatutos, convoca a todos os seus socios/as para a celebración da próxima Asemblea Xeral ordinaria, que terá lugar o mércores, día 23 de febreiro de 2021 no local do club sito en R/Ervedelo 32-34 (Centro Comercial Couto, local 59) ou vía Zoom (enviaremos o enlace uns días antes), ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

  1. Memoria, liquidación do presuposto, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación se procede

  2. Presuposto para o seguinte exercicio

  3. Cotas sociais

  4. Proposicións que formulen os socios e que terán que ir asinadas ó menos, polo cinco por cento dos mesmos

  5. Propostas de compra de material para o club: tipo de material e unidades

  6. Rogos e Preguntas

Lembramos a importancia de asistir á Asemblea Xeral.

Xunta Directiva Club Alpino Ourensán

 

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón