Hosting por Logo dinahosting
11 Febreiro, 2009

Asamblea Xeral Ordinaria

CONVOCATORIA
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Para celebrar no local social do Club Alpino Ourensán sito na rúa Cruz Vermella n.º 4, 2.º en Ourense, o día 13 de febreiro de 2009, ás 20:00, en primeira convocatoria e ás 20:30, en segunda convocatoria.
Convocatoria Asemblea Xeral ordinaria, en cumprimento do artigo 11.1 dos estatutos do club:
11.1. A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario, tras a convocatoria do presidente, polo menos unha vez ao ano, para tratar das seguintes cuestións:

ORDE DO DÍA
11.1.1. Memoria, liquidación do orzamento, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación, se procede.
11.1.2. Orzamento para o seguinte exercicio.
11.1.3. Proxecto e propostas do presidente ou da Xunta Directiva.
11.1.4. Proposicións que formulen os socios e que terán de ir asinadas polo menos polo cinco por cento destes.
11.1.5. Rogos e preguntas.

3 Comentarios

  1. ASAMBLEA XERAL

    Artigo 10º

    10.1- A Asemblea Xeral é o órgano supremo do goberno da Asociación e estará integrada por tódolos seus socios.

    10.2- Terán dereito a voto na Asemblea Xeral, aqueles socios maiores de idade presentes ou representados, que teñan máis de dous anos de antigüidade no Club e estean ao corrente no pagamento das cotas.

    10.3- As Asembleas Xerais, tanto Ordinarias como Extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran a ela, presentes ou representados a maioría dos seus asociados. En segunda e última convocatoria media hora máis tarde, quedará constituída calquera que sexa o número de membros presentes. Entre a data de convocatoria e o día sinalado para a súa celebración terán de mediar, como mínimo, dez días naturais e non poderá transcorrer máis de 20.

    Artigo 11º

    A Asemblea Xeral convocarase polo Presidente a iniciativa propia ou do vintecinco por cento, ó menos, dos socios de número.

    11.1- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario, previa convocatoria do Presidente, ó menos unha vez ó ano para tratar das seguintes cuestións:

    tedes que facer as cousas ben.chapuzas fora.
    esta convocatoria non cumple ningún dos requisitos

  2. a convocatoria de asamblea xeral ordinaria xa foi feita o ano pasado para o 22 de decembro pero de xeito incomprensibel non foi celebrada e ademais o clube atopabase pechado por vacacios,ninguen deu explicacion algunha.
    Pareceme unha falla de respeto a os socios.
    Agora convocase de supeto sen tempo e xeito
    Hai que ter un pouco mais de coidado respetando os prazos de convocatorias,envios de comunicacios a os socios con tempo para que poidan participar nas distintas actividades e citas coma esta
    Por suposto Carlos ,estou dacordo,non se cumplen os requisitos nesta convocatoria

  3. A convocatoria oficial desta asemblea xeral foi remitida no Cairn nº 51 que estaba nas vosas casas a semana pasada (si non o recibides pasade polo local ou chamade para correxir erros). O anuncio no blog é un mero recordatorio (non é unha convocatoria) para que asistan a asemblea o maior número de socios.
    A citada asemblea do día 22 de decembro nunca foi convocada. Figura no calendario de actividades no Cairn nº 50 (¡ non é unha convocatoria!) por un erro xa que cando retiramos o artigo da convocatoria esquecéusenos de que figuraba a data no calendario de actividades. Decidimos non facer a convocatoria xa que se nos comunicara a obriga de cambiar de local social por cambio de propietario e non era plan facer vir a os socios e non ter onde facela. Non houbo por tanto convocatoria oficial. Non procedía desconvocar unha asemblea que non fora convocada oficialmente. Si procedía comunicar que a nota no calendario de actividades era un erro. Disculpas
    Efectivamente o club estaba pechado o día 22 xa que no blog comunicamos que pechaba o día 19 despois da festa do Nadal que celebramos no local.
    Estaremos maís atentos no futuro para evitar ferir susceptibilidades e sempre podedes acudir a asemblea para expor as vosas queixas ou incluso impugnar dita Asemblea Xeral Ordinaria si o considerades oportuno.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

si

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón