Hosting por Logo dinahosting
15 Xullo, 2007

BTT Ourense-Celanova-Ourense

Percorrido circular Ourense – Celanova
O domingo día 22.07.2007 sairemos dende Ourense para facer unha ruta circular en BTT para chegar a Vilanova dos Infantes (Celanova) e dende alí regresar o punto de partida por unha ruta diferente. Pasaremos polo Monte do Castro, os pobos de Sabucedo, Doniz e cruzaremos o Rio Arnoia. Para voltar pasaremos de novo o Arnoia por outro lado e iremos cara A Merca, Loiro e finalmente Ourense. Unhos 60 kilómetros por pistas, corredoiras e estradas comarcais que fan a ruta un tanto dura pero que tentaremos de levar con xeito.
OS DATOS
DATA: Domingo 22 de xullo de 2007
HORA: 09:00 horas
DIFICULTADE: Alta, 60 kilómetros con subidas e baixadas por pistas, corredoiras e estradas
LUGAR: Saída dende o local social do club
MATERIAL:Bicicleta, casco, augua e comida .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón