Hosting por Logo dinahosting
30 Xaneiro, 2016

Cairn 2015

portada

XA TEMOS O CAIN EN MARCHA!!!

Este ano chega o CAIRN con forza, coa forza das cores (RGB, CMYK…), coa forza dunha edición anual e más coidada coma as das revistas de montaña que podes atopar nos quioscos, coa vosa forza e esforzo.
Á diferencia das revistas de montaña que temos de referente, no CAIRN os protagonistas sodes vós, dende o contido, a redacción, edición e imaxes.  Nel, vós nos contades as actividades que se fixeron no club ó longo do 2015 e actividades singulares dalgún de vós, porque na montaña e nas covas ademais de Moros ou Stecks hai Veigas ou Barcias.

O obxectivo desta nova etapa do CAIRN é que sexa unha revista que vos que quede de recordo das actividades nas que participáchedes e senón puideches, que poidas estar informado de todo o que aconteceu no club nese ano. E por qué non?, para fardar coa familia e cos amigos do club o que pertences ;).

Temos unha partida impresa esperando a que nos chegue a principios de Marzo, pero xa podes encargar o teu exemplar a partir de agora. Non quedes sen él e reservao enviando un email a: [email protected] ou no local do club.

O custo do CAIRN é o de impresión de 4€ por exemplar (máis barato que unha desnivel). Como xa sabedes o club está aforrando para outras necesidades primordiais que ten nestes momentos.

E como todas as grandes publicación que fan un avance, o CAIRN non vai ser menos e aqui vos deixamos unha mostra:

Tamén podes ver números anteriores do CAIRN nun futuro colgaremos a nova versión completa.

http://web.clubalpinoourensan.es/cairn

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón