Noraboa a todos os participantes do IX Maratón de escalada do Canón do Sil que aguantaron esas 12 horas do Canón do Sil, dende os que andaban a voltas con quintos e sextos intentado facer o maior número deles ata os que intentaban encadear a vista algúns séptimos.
Os resultados quedaron así:
- Superlópez
- Cromañones
- Os Cerillazos
O cómputo de todas as cordadas é o seguinte:
En total, os 36 participantes realizaron durante ás 12 horas 852 vías de escalada deportiva.
E como non, agradecer ás distantas marcas e colaboradores por contar unha vez mais co Maratón de escalada. Ao fabricante de pés de gato Tenaya por entregar ese fantástico primeiro premio e como non a Entrepicos e Boreal, polo segundo premio. Tamén a Petzl e Entrepicos que permitiron que moitos outros partcipantes entrasen nun sorteo de material.
E non podíamos quedar sen agrader a Climbskin que agasallou aos gañadores con un Kit de coidado para a pel, así como a algúns dos outros participantes co mesmo kit, e un Organic Silicium Gel para todos os participantes.
E que dicir de Bonilla a la vista que todos estes anos ven poñendo ese toque que tanto gusta a os participantes.
Tamén queremos agradecer a Apersa por colaborar durante tantas edicións como patrocinador do Maratón de escalada.
Esperamos vervos de novo na próxima edición!