Hosting por Logo dinahosting
31 Outubro, 2012

Comunicado da FGM en relación cos federados coa compañia MGD

Comunicado da FGM en relación cos federados coa compañia MGD

Estimados amigos Presidentes dos Clubes de Montaña de Galicia:

Ante o problema xurdido ca Mutualidad General Deportiva unha das compañías coas que traballamos o presente ano 2012 para a cobertura do Seguro de Accidentes dos nosos deportistas. Esta federación actuando en defensa dos nosos federados tomou  a seguinte decisión:

“Que a partir do 31 de outubro de 2012 data na que os nosos federados por MGD perden dita cobertura, procedemos do 1 de novembro ata o 31 de decembro do presente ano a cubrir todos os posibles accidentes dos federados por dita compañía “quebrada”, mediante un reaseguro firmado coa Correduría Campos y Rial de Vigo ca compañía Zurich”.

Quero dende estas liñas transmitiros a máxima tranquilidade e seguridadede que todas as persoas que no presente ano optaron pola opción Mutualidad General Deportiva continuarán perfectamente cubertas ata o 31 de decembro de 2012 polo novo seguro tramitado pola Federación Galega de Montañismo.

Do mesmo modo, estamos con negociacións moi avanzadas con respecto o seguro lo próximo ano, e por suposto en canto se acorden algúns flecos pendentes procederemos a comunicación a todas as entidades da nova póliza para no ano 2013, que si todo vai como pensamos será moi competitiva e con maiores coberturas que as actuais.

Ata o luns día 5/11/2012 no que facilitarán o teléfono 24 horas, podedes chamar a Gonzalo Cambón 986/225513 en Vigo sobre temas de coberturas ou ben a Paula Pereira 981/221481 en A Coruña para xestión de sinistros.

No caso de que teñades algunha pregunta o respecto,  non dudedes en chamarnos. Na secretaría da F.G.M. contades con toda a información.

Sen outro particular, recibide un cordial saúdo e unha forte aperta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón