Hosting por Logo dinahosting
15 Xuño, 2010

Coñece a escalada

20 de xuño
Coñece a escalada
Escola de escalada “Canón do Sil”

Actividade básica de escalada na escola de escalada “Canón do Sil” sita no lugar do que toma o nome e na que podemos atopar “vías” de escalada de variada dificultade que nos permitiràn iniciarnos nesta modalidade deportiva progresando en vertical en vías de graduación de dificultade de menor a maior.
ATENCIÓN: Prazas limitadas (10)

Os Datos
Data: 20 de xuño
Hora: 16:00 horas
Lugar: Canón do Sil

Máis información no local social do club

Actividade Coñece 2010


Actividade Infantil
: Os pequenos tamén disfrutarán desta xornada de escalada o domingo. O igual cos maiores xuntarémonos pola tarde no Canón do Sil a partir das 16:00 horas e probaremos algunha das vías de escalada da escola. Máis información no local social do club.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

3 Maio, 2009

Coñece a Escalada

COÑECE 09
Coñece a Escalada
Escola de Escalada “Canón do Sil”
9 de maio de 2009

Segunda actividade do “Coñece 09” que nesta ocasión ocupa a escalada. Actividade básica de escalada na escola de escalada “Canón do Sil” sita no lugar do que toma o nome e na que podemos atopar “vías” de escalada de variada dificultade que nos permitirán iniciarnos nesta modalidade deportiva.

Para maís información e interesados en apuntarse na actividade pasade polo local social do club ou chamade o nº 988 232 628 en horario de atención o público ( luns e mércores de 19:00 a 21:00 horas e venres de 19:30 a 21:30 horas)

Os datos

Data:09.05.2009

Hora: A partir das 10:30 horas no Canón do Sil.

Material: Roupa e calzado cómodo, comida (o material técnico aportado polo club)

As outra actividades Coñece 09

10.05.09. Coñece a BTT. Percorrido de bicicleta de montaña sinxelo para aproximarse a esta modalidade deportiva polos sendeiros sitos nos arredores de Ourense e nos concellos limítrofes.

16.05.09. Coñece o Sendeirismo. Ruta sinxela nos arredores de Ourense visitando os concellos de San Ciprián das Viñas e Barbadás.

17.05.09. Coñece a Espeleoloxía. O Caurel. Cova de Ceza. Iníciate na exploración das cavidades soterradas nunha cova de desenrolo horizontal e con un curso de augas que se inicia cun lago interior no fondo da mesma.

20.06.09. Coñece o Descenso de Barrancos Lugar por confirmar dependendo das condicións climatolóxicas e niveis de auga.

27,28.06.09. Coñece as Actividades Infantís Multiactividade en Muíños con actividades de orientación, sendeirismo, escalada , xogos e todo pensando nos mais pequenos.

O Club Alpino Ourensán, en colaboración con Deporte Galego, pon de novo en marcha o “Proxecto Coñece” que se presenta como unha oportunidade para todos, socios e non socios, de probar e practicar algunha das modalidades deportivas que teñen cabida na programación anual da entidade. O “Coñece” son un conxunto de actividades pensadas para amosar en aberto a aventura e o deporte no entorno natural e que dende o Club Alpino Ourensán, avalados por unha experiencia de case 40 anos no mundo da montaña, son planeadas dun xeito ameno e sinxelo. O “Coñece” e un proxecto onde importa mais as ganas de participar ca condición física ou os coñecementos técnicos. Un conxunto de actividades básicas dedicadas a todos aqueles que teñan ganas de probar algo mais, para todos aqueles interesados en facer algo distinto.

2 Comentarios

  1. lembrar que si queredes facer artificial existe no sector laferrata unha via montada con pasos de A1 e A2 que enlaza ca via metemedos cun paso en libre de vº.Eu non poderei ir, que o disfrutedes dabondo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

si

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón