Hosting por Logo dinahosting
13 Febreiro, 2014

Coñece a Montaña 2014 no Caurel

COÑECE A MONTAÑA
SERRA DO CAUREL – O QUILÓMETRO VERTICAL
Domingo 23 de febreiro de 2014
Actividade ABERTA a non socias. Prazas limitadas.
O Pia Páxaro é o punto culminante do Caurel, unha zona máxica e riquísima a nivel medioambiental, etnográfica e cultural. E tamén chea de paisaxes únicas que vos invitamos a coñecer nesta ruta, sempre a cando a meteoroloxía e o ánimo do grupo acompañen.
O quilómetro vertical é unha ruta sinxela a nivel técnico pero esixente físicamente. Unha ruta de montaña en toda regla na que valoraremos a meteoroloxía e o estado do terreo na data elixida. Foi aberta moi recentemente polo coñecido en Folgoso do Caurel como Orlando, ao cal lle debemos esta liña de ascensión ao Pia Páxaro fantástica.

Planing:
Saída do parquing da policía nacional de Ourense o domingo 23 de febreiro pola mañán a primeira hora. As 8.30 horas.
Desprazamento até Folgoso do Caurel en vehículos particulares.

Regreso a Ourense estimado as 21h.

Información técnica

Percorrido aproximado
– Lonxitude da ruta: 12 km aproximadamente
– Desnivel: 1.050 m
– Material necesario: Crampons e piolet.

  • Material recomendado: Roupa de abrigo, botas de montaña, guantes e gorro.

    Información práctica

    Comida para a ruta: froita, barritas enerxéticas, doces, algún pincho lixeiro por exemplo. E auga.
    – Transporte: Organizaremos o transporte en coches particulares no lugar de quedada.
    – Prezo: 15 € para non socias, 6 € para socias.

O prezo inclue cesión de material e para non socias tamén o seguro de responsabilidade civil e a cuota asociativa do primeiro trimestre no club.

Inscripción:

Inscríbete na sede do Club Alpino Ourensán (Galerías Bedoya, c/ Bedoya 4, local 9) no teléfono 988.232628 en horario de 9:30 a 20:30 horas (luns, mercores ou venres) ou no correo electrónico [email protected]


E lembra deixar o teu mail e teléfono e informarnos se necesitarás crampons e piolet.
NOTA:
Un par de días antes porémonos en contacto contigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón