Hosting por Logo dinahosting
14 Abril, 2007

COÑECE-Montaña-Ancares

PROXECTO COÑECE – MONTAÑA (Ancares)

Primeira actividad de COÑECE adicada a montaña, o sábado 21 partimos cara Os ancares.

ANCARES Ascensión o pico Penarubia, dende o pobo de A Freita, manexando cartografía e buscando o xeito de facer a aproximación para, unha vez situados o pe do cume, amosar unhas nocións básicas do manexo de sistemas de seguridade e progresión en rocha (uso de arnés e corda, cabo de anclaxe, montaxe de seguros). O regreso tentaremos de facelo seguindo o cordal do pico ata acadar un sendeiro que percorre a súa base polo bosque e nos deixa de novo no punto de partida.

OS DATOS

DATA: Sábado 21-04-07

HORA: 08:00 horas

LUGAR: Saida dende o local social do club

MATERIAL: O material técnico aportado polo club. Do resto o de sempre (roupa comoda e de abrigo, calzado de suela semiríxida, cantimplora, gorro, gafas…
OUTRAS ACTIVIDADES “COÑECE”

29/04/2007 – COÑECE A BICICLETA DE MONTAÑA – Ourense.
Ruta de iniciación a BTT polos arredores da cidade na que nos sorprenderemos das posibilidades de montar en bicicleta por sitios fermosos a poucos minutos do sillón.

05/05/2007 – COÑECE A MONTAÑA- ESCALADA – Circuito de escalada clásica en San Pedro de Rocas.
Un marco ideal para dar os primeiros pasos na montaña trepando por penedos dun xeito divertido e rodeados de natureza.

12/05/2007 – COÑECE O SENDEIRISMO – Bosque de Redimoas (Beade – Ribadavia)
Percorrido sendeirista de iniciación por un fermoso bosque pertencente a Asociación Cultural – Ecoloxista Redimoas

26-27/05/2007 – COÑECE A ESPELEOLOXÍA – Covas – O Barco (Zoa de traballo do Club Alpino Ourensán)
Iniciarse na exploración das cavidades soterradas dun xeito doado e disfrutando da paisaxe que dibuxa o río Sil.

23-24/06/2007 – COÑECE OS RAIDS DE ORIENTACIÓN – Muiños.
Sendeirismo, BTT e piraguas xuntas trazando un percorrido sobre mapa para disfrutar da natureza doutro xeito.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón