Hosting por Logo dinahosting
23 Setembro, 2009

Curso de escalada

Curso Iniciación a Escalada
2º quincena outubro
Rocódromo Pavillón dos Remedios
Xa temos data para o terceiro curso de iniciaicón a escalada. Será nos mes de outubro a partir do martes día 20.
Curso impartido por técnico cualificado de 12 horas de duración repartidas en 6 días (martes e mércores de cada semana no mes de outubro/novembro) a 2 horas por día en horario de rocódromo. Resérvanse outros dous días (2ª semana de novembro para cubrir posibles eventualidades).Abrirase unha lista de interesados a partir do luns día 28 de setembro ata cubrir as seis prazas ofertadas para este curso.

O custe do curso é de 30 € por persoa que inclúe monitor, material e documentación. Non inclúe o pase as instalacións.A inscripción non quedará formalizada ata o momento de pagar o importe do curso.O curso empezará o martes 20 de outubro as 19:30 horas.
As datas do curso poden estar suxeitas a modificacións.
HORARIO CURSO
Inicio martes 20 de outubro
Martes de 20:00 a 22:00 horas
Mércores de 21:30 a 23:00 horas
Mais información no local social do club a partir do luns 28.09.09

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón