Hosting por Logo dinahosting
7 Xullo, 2014

Do Cares ó ceo

Do Cares ó ceo

Unha proposta para os que xa están de vacacións…
Días 17,18,19 e 20 de xullo
Percorrido con inicio en Caín para logo dun breve tramo de Garganta Divina deixar atrás o balbordo dos centos de turistas que percorren a senda e meternos de cheo no silencio e a grandeza abismal desas canles que caen desde tres metros por baixo do ceo ata aló embaixo. No noso periplo montañeiro pasaremos polo refuxio de Jou de los Cabrones e por Collado Jermoso. Pode que haxa prazas para durmir pero nesta época e fácil que esten ateigados. Como somos montañeir@s aguerrid@s e dado que as canles son pouco pindias cargaremos cos nosos sacos e provisións para vivaquear en hotel de mil estrelas. Esperemos que a meteo axude.
Interesados contactar con Ángel
Os datos:
SAÍDA: Sábado 17 de xullo ás 09:00 horas
REGRESO: Domingo 20 de xullo
MATERIAL NECESARIO: Roupa e calzado axeitado.Esterilla, saco e funda de vivac. Víveres…piolet e crampóns

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón