Hosting por Logo dinahosting
18 Novembro, 2012

Eleccións a Presidente de Club Alpino Ourensán


Eleccións a Presidente de Club Alpino Ourensán
Na Asamblea Xeral Extraordinaria do pasado 16 de novembro quedou constituida a Xunta Electoral que rexirá o preoceso electoral e aprobouse o calendario electoral que detallamos a continuación:
CALENDARIO ELECTORAL 

Do 19 de novembro ata ó 26 de novembro 2012
Presentación e publicación de candidaturas
Publicación do censo electoral no local social do club.
Do 27 ata ó 30 de novembro 2012
Presentación de alegacións as candidaturas e censo electoral
3 de decembro 2012
Resolución alegacións
5 de decembro 2012
Publicación definitiva de candidaturas e censo electoral
14 de decembro 2012
Eleccions a Presidente Club Alpino Ourensán.
Acta Xunta Electoral.
Do 17 ata ó 19 de decembro
Presentación alegacións
21 de decembro 2012
Proclamación Presidente Club Alpino Ourensán si procede.

Poderá presentar candidatura a presidente calquera persoa física de entre os membros da asemblea xeral de pleno dereito en pleno uso dos seus dereitos civís, que non incorrese en ningunha sanción deportiva que o inhabilite e que non estea inhabilitado para o desempeño dun cargo público por sentencia xudicial firme, debendo presentar programa e avalar a presentación da súa candidatura mediante a sinatura de, polo menos, o 5 % dos membros da asamblea xeral  (15 socios)

Consulta o regulamento electoral AQUÍ (No menú da esquerda clica en “Estatutos” e logo en “Regulamento Electoral”)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón