Hosting por Logo dinahosting
17 Abril, 2013

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA


EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
O 15 de abril até o 17 de maio de 2013 no pavillón dos Remedios de Ourense

Este é un traballo de divulgación que pretende achegar ao público os deportes de aventura na natureza, convidando a galegos e galegas a practicalos e achegando o espírito de superación e compañeirismo que os envolve. 

Este traballo realizouse na expedición aos Alpes franceses levada a cabo por 3 escaladores Galegos durante o verán de 2012: Ernesto Fernández, Lucas Rodríguez e Víctor Barro.

Quere ser un percorrido por algunhas das actividades de escalada, clásica e deportiva, así como de alpinismo máis senlleiras. Dende a ascensión ao “Grand Capucin” pola vía dos Suízos ou a arista de “Cosmiques” até a escalada deportiva nas “Aiguilles Rouges” ou a vía ferrata do “Plateau d’Assy”, todas elas situadas nun espazo único e incomparable no mundo: O Macizo do Mont Blanc.

Este proxecto foi posible gracias ao empuxe e apoio do Club Alpino Ourensán, da Federacion Galega de Montañismo e ao patrocinio do Concello de Ourense.

Contacta cos autores a través do correo electrónico: [email protected]

Máis información sobre o proxecto:
www.fotosconletra.com
fotosconletra.blogspot.com
nomadasdelailusion.wordpress.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón