A Xerencia do Pavillón dos Remedios, complexo onde se atopa situado o rocódromo, comunicounos que para o uso do mesmo, todos os deportistas teñen que estar federados e cun seguro que lles cubra a escalada en rocódromo.
A partir de agora para o uso do rocódromo en horario de club e con material do rocódromo (martes de 22:00 a 23:00 e mércores de 17:00 a 19:00) esixirase estar federado a todas as persoas que fagan uso do mesmo en ditos horarios. Para ir fora de eses horarios tamén é preciso estar federados.
Ademais, non nos deron a opción de ampliar o horario, xa que nos comunicarion que non se poden cambiar os horarios de uso da cancha central no medio da tempada. A solución que nos deron é realizar unha solicitude para cada día que queiramos ir fora do horario establecido de uso de rocódromo. Para evitar realizar peticións duplicadas, tramitarémolas dende o club, polo que se queres utilizar o rocódromo fora do horario establecido ponte en contacto con nos. Os horarios nos que se pode facer uso do rocódromo con material personal e sen necesidade de solicitalo é os luns de 17:00 a 20:00, os martes de 19:00 a 20:00, os mércores de 17:00 a 19:00 e os venres de 18:00 a 20:00 horas. Fora deses horarios hai que pedir permiso.
Calquera dúbida, ou mais información escribe o club.