Hosting por Logo dinahosting
9 Outubro, 2009

IX Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán

1º premio: Manuel Veiga Rial por “Descenso da Vert”

IX Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán

Acta de resolución do concurso:

Reunidos no local social do club o mércores 30 de setembro de 2009:
Don Angel Barrio Alonso.
Don Bernardino Barandela Cid.
Don Ignacio Rafael Ramos.
Como membros do Xurado do IX Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán, designados pola Xunta Directiva do club, faian dito concurso dando como resultado o que segue:

1º premio: Manuel Veiga Rial por “Descenso da Vert”
2º premio: Felix Angel Parada Mouriño por “Canal de lechugales”
3º premio: Florentino Tino Taín por “Brewster Trail”

Ademais os membros do Xurado acordan conceder un accessit pola calidade da obra presentada a:
Accesit: Vicent Auzillón por “Telas de agua”

Os membros do Xurado felicitan a tódolos participantes desta novena edición do concurso fotográfico pola excelente calidade das obras presentadas.

PARTICIPANTES:

Javier Moldes Magdalena, Lidia Daquinta Santas, Elías Rodríguez Gómez, Jorge Pallás Vallerós, Venerando Feijoo Quintas, Manuel Veiga Rial, Pedro Seoane López, Florentino Taín Guzmán, Felix A. Parada Mouriño, Vicent Auzillón, Joaqín Dobarrio Romasanta, Baldomero Conde Morán, Jose Del Rio Caamaño, Alberto Vila Garrido, Ramón Vila Garrido, Ana Macía Aira.

2º premio: Felix Angel Parada Mouriño por “Canal de lechugales”

Accesit: Vicent Auzillón por “Telas de agua”

NOTA: Os traballos premiados e todolos presentados o IX Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán serán expostos no mes de novembro dentro do Outono Fotográfico. No seu momento informaremos de datas e lugar da exposición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

24 Xuño, 2009

IX Concurso fotográfico Club Alpino Ourensán

IX Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán

O vindeiro mes de xullo, o día 31, remata o prazo de presentación de traballos para a presente edición 09 do concurso fotográfico do club. Lembra que podes presentar as fotografías en formato dixital tanto en soporte físico como enviándoas por correo electrónico a [email protected], tal e como se reflexa nas bases do concurso:

“Presentación e envío. As obras entregaranse na sede do Club debidamente protexidas. O prazo límite de admisión de obras será o 31 de xullo de 2009, non admitíndose ningunha obra que chegue con posterioridade a este prazo. No sobre indicarase “IX Concurso de fotografía Club Alpino Ourensán”. Admítese formato dixital (mínimo 1 megabyte de resolución) en soporte físico ou mediante correo electrónico sempre dentro das datas especificadas e acompañadas doutro correo electrónico onde figure como “asunto” o lema e no texto os datos do autor.”

E estes son os premios os que podes optar coa presentación das túas fotos: Un 1º Premio de 250 euros, un 2º Premio de 150 euros e un 3º Premio de 100 euros. Ademais está o Premio especial do Club: 150 euros (Elixida en reunión pola Xunta Directiva como foto representativa do club)

BASES do CONCURSO

1. Concursantes e obras. Poderán participar tódolos socios do club que o desexen, excepto o gañador da edición anterior e os membros do xurado. Os autores poderán presentar un máximo de tres fotografías, en cor ou en branco e negro, non premiadas en calquera outro concurso. Só se admitirá un autor/a por obra.

2. Temática. Fotografías que estean relacionadas coas actividades levadas a cabo polos socios do club en tódalas súas modalidades: imaxes de montañismo, sendeirismo, escalada, esquí, espeleoloxía, descenso de canóns, paisaxes, flora, fauna, as súas xentes…

3. Tamaño e presentación. O formato fotográfico é libre, cun tamaño de papel mínimo de 20×30 cm.e máximo de 30×45 cm. As fotografías non deberán ir montadas nin reforzadas sobre cartolina, nin con passepartout. Farase constar no dorso de cada fotografía só o título da obra. Por cada fotografía e nun sobre pechado, indicando “IX Concurso de fotografía Club Alpino Ourensán” e o “título da obra”, deberá ir unha tarxeta co nome e apelidos do autor/a, teléfono, correo electrónico, título da obra e un breve texto explicativo, indicando como mínimo o lugar da fotografía e o equipo fotográfico empregado.

4. Presentación e envío. As obras entregaranse na sede do Club debidamente protexidas. O prazo límite de admisión de obras será o 31 de xullo de 2009, non admitíndose ningunha obra que chegue con posterioridade a este prazo. No sobre indicarase “IX Concurso de fotografía Club Alpino Ourensán”. Admítese formato dixital (mínimo 1 megabyte de resolución) en soporte físico ou mediante correo electrónico sempre dentro das datas especificadas e acompañadas doutro correo electrónico onde figure como “asunto” o lema e no texto os datos do autor.

5. Premios. Cada autor só poderá acadar un premio. O importe do premio farase con cheques regalos que poderán ser trocados nos establecementos patrocinadores do concurso. Dotación dos premios:

· 1º Premio de 250 euros – 2º Premio de 150 euros – 3º Premio de 100 euros

· Premio especial do Club: 150 euros (Elixida en reunión pola Xunta Directiva como foto representativa do club)

6. Xurado e resolución. O xurado, estará formado por ao menos un profesional da fotografía, polo gañador do concurso anterior e por un socio do club elixido pola Xunta Directiva de entre os que se presenten como voluntarios. O resultado comunicaráselles aos gañadores por teléfono ou correo electrónico e farase público a partires do 1 de outubro.

As decisións do xurado serán inapelables.

7. Difusión, exposición e entrega de premios. O club Alpino Ourensán, conxuntamente co Outono Fotográfico, realizará unha exposición coas obras seleccionadas, do 1 ao 15 de novembro de 2009. A entrega de premios efectuarase na cena anual do club da que se dará cumprida información. As obras seleccionadas poderán saír editadas en publicacións posteriores, coa intención de difundir o concurso, sen ánimo de lucro. Nas obras expostas e/ou publicadas indicarase o autor/a.

8. Disposición das obras. As obras premiadas quedarán en propiedade do Club Alpino Ourensán, que poderá copialas ou utilizalas sen limitación de medios, tempo ou lugar, para promoción e divulgación, con indicación do nome do seu autor/a. As obras non premiadas poderán ser retiradas polos seus autores no Club, a partires do 16 de decembro de 2009. Se as obras non son reclamadas antes do 13 de febreiro de 2010 enténdese que o autor renuncia a elas.

9. Observacións. Os participantes responsabilizaranse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe. A organización poñerá o máximo coidado na conservación das obras, pero non se responsabilizará das posibles perdas, subtraccións ou deterioro. A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nestas Bases. A concorrencia a este concurso implica a aceptación das presentes Bases.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón