Hosting por Logo dinahosting
31 Outubro, 2008

Magosto Social 08

8 e 9 de novembro de 08
Empanadas, sendeirismo, queimada, colleita de castañas, orientación, chourizos, gaiteiros, festa… e moito mais.
8.11.08
Saida o sábado día 8 as 10:00 horas dende o local social cara as Terras de Trives para facer unha pequena ruta de sendeirismo a percura de castañas para facer o magosto. Xanteremos no transcurso da actividade e logo partiremos a media tarde cara o refuxio de Manzaneda onde faremos os preparativos para a cena e festa posterior.
CENA
Empanadas variadas
Chourizos
Castañas asadas
Queimada e festa
Estamos a “negociar” a presenza de algún que outro gaiteiro para darlle color a festa pero si queredes traer algún que outro aparello musical acorde co evento animádevos e aver que sae de todo esto.
9.11.08
O domingo teremos a actividade de orientación si as condicións metereolóxicas (e a resaca) o permiten.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón