Hosting por Logo dinahosting
30 Outubro, 2007

Magosto Social Club Alpino

Xa temos aquí a festa do magosto, os días 3 e 4 de novembro toca festa rachada no, confiamos, arranxado refuxio Pena do Caldeiro en Manzaneda.
O sábado achegarémonos as “Terras do Navea” para facer un pequeno percorrido sendeirista e recolleita de castañas, cos permisos pertinentes, para logo de xantar trasladarnos ata o refuxio e meterse de cheo nos preparativos do magosto e festexos varios.
O domingo xa se verá…
Os datos
Data: 3,4 de novembro
Hora: Sabado 3 as 10:00 dende o local social
Dificultade: Extrema
Material:Empanadas varias, chourizos, castañas e licores espiritosos
Prezo: 15 euros por persoa para…
Cena
Empanadas(carne, atún, zorza…)
Chourizos
Pan
Castañas
Postres(bicas)
Bebidas (saudables e non tan saudables)
Pernocta
Almorzo
Café, leite + repostería
Paracetamol

2 Comentarios

  1. A informática ten estas cousas. Onde pon “extrema” lease “extrema…damente facil” o igual ca na saida de BTT onde decía “media” lease “media…namente jodida”
    Si che sirve de algo eu ainda non consigo levantar a perna esquerda. Un saudo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

si

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón