Hosting por Logo dinahosting
22 Xaneiro, 2012

Montaña – Circular por Somiedo

Circular por Somiedo durante dous días.
Ascensión aos picos Albos e cordal Calabazosa-Peña Orniz

Plan:
Venres: Saida de Ourense e noite de tenda de campaña ou na igrexa de Lumajo.
Sábado: Saida cara o alto da Farrapona pasando por Pola de Somiedo en coche.
Desde o alto da Farrapona percorremos a cordal entre o pico Calabazosa e Peña Orniz. Descendemos despois do Orniz pola continuación do cresterío e durmimos nas inmediacions en tenda de campaña ou ao abrigo nas majadas das inmediacións.
Domingo: Subida aos picos Albos e regreso ao alto da Farrapona polos Lagos de Salienza.

Descrición:
Ruta con pouco desnivel pero moi panorámica ao precorrer un bonito cresterío entre Castela e Leon e Asturias. A vertente de Somiedo da cresta é un prado, mentres que na vertente sur está cortada e en ocasións algo exposta (so se se transita polo filo). Na chegada a Torre Orniz si hai algún paso clasificado F+.
O regreso permítenos ascender algún dos altos emblemáticos do parque, como son os Albos.
Non hai auga polo camiño pero si haberá neveiros para derreter neve e cociñar.

Material:
– Saco de durmir e preveer tenda de campaña.
– Crampons e piolet de travesía.
– Arnés (con descendedor e un cordino) e casco.
– Comida para os dous días.

Apuntarse no clube.
Especificade se precisades casco, piolet e/ou crampons para collelos no clube.


FOTOS por Mundi

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón