Hosting por Logo dinahosting
26 Xuño, 2006

Muiños 2006

Muiños, unha clásica nesta a súa cuarta edición, presentábase este ano con certa incertidumbre por mor do tempo pero, tanto o grupo de sendeiristas como os dos ecaladores, agradeceronse os intervalos nubosos que aplacaron con acerto a fogosidade do verán en terras de Bande.
Os sendeiristas percorreron durante 8 horas as terras do Gerés disfrutando da paixase singular deste parque natural transfronteirizo para logo achegarse o albergue da zona recreativa de Muiños a percura dunha ducha e listos a preparar unha parrillada de sardiñas, pouco dispostos a esperar a chegada dos escaladores,tal era a fame, para unha cena o aire libre.
Pola súa banda os escaladores achegaronse o pe dunhas moles de granito, percorrendo durante media hora un fermoso bosque de carballos un tanto asilvestrado, perto de Muiños. Unha vez situados ocupouse atarde en escalar unha fermosa placa con unhos “señores” pitotes para logo practicar a escalada co uso de clavixas e fisureros nuha fisura que levaba a outra placa tamén plagada de pitotes que actuan como imans para os dedos. Logo disto, e tras unha chamada polo sempre presente movil que os avisaba de que os sendeiristas andaban a voltas ca parrilla, apresurouse a volta o albergue.
Os superviventes da cena e posterior festa do sábado, adicaronse o domingo a percorrer o Encoro das Conchas en piragua acompañados de duas barcas tipo zodiac en previsión dalgunha recaida postfesta. O vindeiro ano maís.
Os escaladores achegandose a zona de escalada.

María escalando a placa dunhos 30 metros. Eloisa asegura e Raquel a descansar.

En primeiro plano a fisura equipada con clavixas e fisureros. Alfredo mira con certo recelo e María xunto con Alberto tamén parecen dubidar.
Outra toma da placa con Marcos en acción.
Un momento da cena, cando ainda non temblaba o pulso.

2 Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

si

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón