Hosting por Logo dinahosting
24 Xaneiro, 2010

Noticias


——————————————————————————————


CONVOCATORIA

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2009

A celebrar no local social do Club Alpino Ourensán sito na rúa Bedoya Nº 4, Local 9 en Ourense o venres 29 de xaneiro de 2009 ás 20:00, en primeira convocatoria e ás 20:30, en segunda convocatoria.

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria, en cumprimento do artigo 11.1 dos estatutos do club:

11.1– A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario, previa convocatoria do Presidente, ó menos unha vez ó ano para tratar das seguintes cuestións:

ORDE DO DÍA

11.1.1- Memoria, liquidación do presuposto, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación se procede.

11.1.2- Presuposto para o seguinte exercicio.

11.1.3- Proxecto e propostas do Presidente ou da Xunta Directiva.

11.1.4- Proposicións que formulen os socios e que terán de ir asinadas ó menos,polo cinco por cento dos mesmos.

———————————————————————————————–
ACTIVIDADES INFANTILES 2010

Levamos dous anos traballando cos nenos do club de xeito continuado e agora no comezo de ano toca facer un novo calendario de actividades. Dende a Xunta Directiva queremos que sexa un calendario do maior interese posible e no que os pais aporten ideas. Por iso convocamos unha xuntanza no local social o día 27 de xaneiro, mércores, a partir das 20:00 horas e así entre todos poder elaborar un programa de actividades atractivo.

¡Lembra! O día 27 de xaneiro, mércores, a partir das 20:00 horas no local social

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

19 Decembro, 2009

Noticias


01- CORTAVIENTOS SALEWA
Xa temos no local social as prendas Salewa co logo do club impreso na manga. Os socios que solicitaron a prenda poden pasar a recollela este luns día 21 de decembro de 19:00 a 21:00 horas (aínda que estamos de vacacións abriremos este día poder entregar as prendas). Logo disto teredes que esperar ata o día 12 de xaneiro, a
volta das vacacións.


02- IMÁXENES FESTA NADAL 09

Aforo completo na festa do Nadal 09 celebrada o pasado venres 18 no local social do club ca cal damos por rematada a temporada 2009 en cuanto a actividades se refire. Vémonos en 2010
O club permanecerá pechado dende o día 21 ata o vindeiro día 11 de xaneiro de 2010.

¡Felices festas e feliz Ano Novo!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón