A idea e saír o venres pola mañá para chegar ata Soto de Sajambre para durmir no albergue (aínda por confirmar). Esa tarde podemos dar un paseo polos arredores da aldea -seguro que o bosque está no seu máximo esplendor-e ó día seguinte (sábado) achegarémonos cos vehículos ata Amieva donde comeza a nosa ruta.
Si camiñamos a bo ritmo chegaremos para durmir en Vegahuerta. Si o facemos a moi bo ritmo aínda se pode intentar ascender a Torre de la Cabra Blanca, os Estribos…Si non haberá que improvisar un vivac (non creo).
Ó día seguinte (domingo) baixaremos dirección ó río Dobra pola Canal de la Duermona para chegar a Carombo e seguindo o río Dobra regresar ó punto de inicio.
A ruta e ben variada, larga e nalgúns puntos teremos que facer uso das mans e andar con coidado polos Sedos e na trepada ós picos.