Hosting por Logo dinahosting
23 Febreiro, 2019

Proclamación definitiva de candidaturas

Estimados socios e socias,
como xa sabedes, levamos un mes de periodo electoral no Club Alpino Ourensán para a elección de presidente/a. Finalizado o prazo de presentación de candidaturas e de reclamacións ás mesmas, por parte da Xunta Electoral vense de proclamar definitivamente a candidatura de Mar Pallás Valleros como única candidatura presentada.

Ao ser a única candidatura presentada non se realizarán votacións e será o vindeiro mércores día 27 cando se realizará o nomeamento como nova Presidenta do Club Alpino Ourensán polo que animamos a todos os socios a acudir a dita citapara mostrar o voso apoio a esta nova Xunta Directiva e etapa do Club Alpino Ourensán.

O nomeamento realizarase no local do club ás 20:00 horas este vindeiro mércores día 27.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón