Hosting por Logo dinahosting
30 Xaneiro, 2018

Reapertura do Refuxio de Manzaneda

Despois de mais de dous anos de obras, tempo durante o que reformouse a cociña, ampliouse a habitación, reparouse a parte exterior do refuxio, a instalación de fontanería e eléctrica, e varias outras zonas, reábrese o refuxio de Manzaneda “Pena do Caldeiro”.

Co fin de agradecer a todos aqueles, que durante este tempo que durou a reforma do refuxio, subistes ata él co fin de botar unha man e contribuír á súa rehabilitación, queremos convidarvos á súa reapertura este próximo sábado día 10 de febreiro, e así intentar agradecervos o voso tempo e o voso esforzo.

Se subiches algunha vez a pintar, retirar escombro, limpar, traballar na habitación, ou calquera das outras tarefas que se realizaron, convidámoste a súa reapertura que se celebrará no propio refuxio o día 10 de febreiro.

Co fin de organizar esta de xeito adecuado, é imprescindible que nos avises da túa asistencia a través do correo [email protected] antes do martes 6 de febreiro.

A partir dese día, o refuxio quedará aberto para uso de todos os socios que así o desexen. Nuns días publicarase toda a información para poder facer uso do mesmo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón