Unha vez resolto polo Consello Municipal de Deportes, xa temos os horarios para o uso do rocódromo para esta tempada 2016/2017.
O horario de club para o uso do rocródromo, no que o Club Alpino Ourensán pon o material (cordas, arneses, etc) será os luns de 21:30 a 23:00 horas, comenzando este próximo luns 10 de outubro..
Comunicamos tamén que nun principio non hai mais horarios adxudicados pola tarde, sen embargo polas mañás, salvo os martes de 09:00 a 10:30 horas, si que se pode facer uso do rocódromo.
Informamos tamén que a Xerencia do Pavillón dos Remedios, complexo onde se atopa situado o rocódromo, comunicounos que para o uso do mesmo, todos os deportistas teñen que estar federados e cun seguro que lles cubra a escalada en rocódromo.