Material: Roupa axeitada, auga e comida
As Outras Actividades Coñece 2010
12 de xuño
ESPELEOLOXÍA Cova Alfarero. O Barco
Actividade do “Proxecto Coñece 10” na que nos iniciamos na exploración das cavidades soterradas. Visitamos a zona de O Barco de Valdeorras para explorar a cova “Alfarero” perto de o pobo de Covas. A cova do Alfarero é unha cova de distribución horizontal polo que non é preciso ter coñecementos previos desta modalidade deportiva e resulta apta para todas as edades.
20 de xuño
ESCALADA Canón do Sil
Actividade básica de escalada na escola de escalada “Canón do Sil” sita no lugar do que toma o nome e na que podemos atopar “vías” de escalada de variada dificultade que nos permitiràn iniciarnos nesta modalidade deportiva progresando en vertical en vías de graduación de dificultade de menor a maior.
NOTA: O calendario de actividades estará suxeito a modificacións en función da climatoloxía ou calquera outra incidencia. Os cambios serán comunicados con antelación suficente.
Tamén teremos actividade cos máis pequenos polo mesmo percorrido ainda que con algún quilómetro menos. Informate no local social sobre horarios e punto de partida para a actividade de sendeirismo cos nenos.