Hosting por Logo dinahosting
6 Maio, 2007

Sendeirismo-COÑECE 2007-Ridimoas

RIDIMOAS

Cuarta actividade do Proxecto Coñece 2007, nesta ocasión toca dar a coñecer o sendeirismo cunha saida o Bosque de Ridimoas, bosque xestionado por unha asociación ecoloxista do mesmo nome que iniciou a súa andaina polo ano 1976.

Faremos unha ruta sinxela acompañados por un responsable da asociación que nos amosará o bosque dun xeito ameno e didàctico. Xantaremos perto de Pena Corneira para facer un pequeno paseo pola tarde nos arredores. ¡Un día relaxado!

OS DATOS
DATA: Sábado 12-05-07
HORA: 09:30 horas
LUGAR: Saida dende o local social do club
MATERIAL:Calzado e roupa cómoda, comida.

OUTRAS ACTIVIDADES “COÑECE”
26-27/05/2007 – COÑECE A ESPELEOLOXÍA – Covas – O Barco (Zoa de traballo do Club Alpino Ourensán)Iniciarse na exploración das cavidades soterradas dun xeito doado e disfrutando da paisaxe que dibuxa o río Sil.
23-24/06/2007 – COÑECE OS RAIDS DE ORIENTACIÓN – Muiños.Sendeirismo, BTT e piraguas xuntas trazando un percorrido sobre mapa para disfrutar da natureza doutro xeito

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón