Hosting por Logo dinahosting
24 Maio, 2012

SENDEIRISMO EN ALLARIZ O 2 DE XUÑO

Muíño das Escadas

     O sábado 2 de xuño, se o tempo acompaña, faremos unha pateadiña duns 20 km polos arredores de Allariz.

     Iremos ver, pola beira do Arnoia, o impresionante muíño das Escadas; seremos os únicos habitantes, por uns momentos, da aldea da Ponte Ermida; subiremos a dominar dende o cimo da Penamá media provincia; exploraremos os restos do Castelo de Mouresiños e as súas tumbas antropomorfas e pasaremos polo San Salvador dos Penedos de volta para Allariz. Ademáis de carballeiras, soutos, touzas e praderías…

  
 Posibilidade de baño e de percorridos circulares duns 8 a 10 km, por se alguén quere ir cos meniños.
   

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón