Hosting por Logo dinahosting
30 Setembro, 2008

Tiatordos e Gilbo


O Tiatordos tivo bastante poder de convocatoria. A todos lles sonaba ese nome. Algúns miramos moitas veces desde o cornión esa magnífica parede cortada de medio kilómetro e andabamos dañados por achegarnos a este pico. Sorprendeunos un pouco a “masificación” da ruta, pois este pico e emblemático para os asturianos e visitano regularmente moitos montañeiros.


Tiñamos ademais o aliciente desa pequena agulla que invita a cargar con cordas e mosquetóns durante un bo treito para poder coronala. O programa era apretado e fomos un pouco contra reloxo para acometer a ascensión do pico e a escalada do “Fusu la Muyer”.


Para o domingo conviña unha actividade máis curta por aquilo de non estresarse demasiado e chegar á casiña con algo de tempo. O Gilbo estaba pendiente. Foi unha ascensión curta pero moi entretida e con magníficas vistas sobre o pantano e a pequena vila de Riaño.

3 Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

si

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón